Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47222

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 142/2014, do 30 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da estrada autonómica OU-540 Ourense-fronteira de Portugal (A Magdalena), situado entre os puntos quilométricos
39+560 ao 41+240, a prol do Concello de Bande.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Bande solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade do tramo da estrada OU-540, situado entre os puntos quilométricos 39+560 ao 41+240, co obxecto de destinar estes bens públicos a fins de interese social.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do tramo da estrada autonómica OU-540 Ourense-Fronteira de Portugal (A Magdalena), situado entre os puntos quilométricos 39+560 ao 41+240 a prol do Concello de Bande.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de outubro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Bande do tramo da estrada autonómica OU-540 Ourense-fronteira de Portugal (A Magdalena), situado entre os puntos quilométricos 39+560 ao 41+240.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Bande deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Así mesmo, deberá levar a cabo as actuacións necesarias ante os organismos oficiais correspondentes para regularizar a titularidade do terreo adxacente obxecto de cesión.

Artigo 3

A entrega dos bens formalizarase, no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle ao Concello de Bande, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de outubro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas
P.S. (Decreto 122/2014, do 25 de setembro;
DOG núm. 184, do 26 de setembro)
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
Alfonso Rueda Valenzuela