Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47120

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5198/2012).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5198/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 210/2011 Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Recorridos: Ferlosa, S.L., Carmen Suárez Romero, Víctor Sánchez López, administración concursal de Ferlosa, S.L.

Avogada: María Teresa Souto Neira.

RCUD número 372/2014.

Recorrente: Mª Carmen Suárez Romero.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5198/2012, seguido por instancia de Fogasa, sobre Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 22 de outubro de 2014.

O anterior escrito presentado pola letrada María Teresa Souto Neira, en representación de Carmen Suárez Romero, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta número V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Ferlosa, S.L., con último domicilio en Lugo, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento; expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

A secretaria xudicial