Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014 pola que se anuncia a declaración como deserta da licitación correspondente á contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade das instalacións do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20990

d) Número de expediente: CCG02/2014.

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade das instalacións do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 175, do 15 de setembro de 2014.

e) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 181.920 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 90.960 €.

b) IVE (21 %): 19.101,60 €.

c) Importe total: 110.061,60 €.

6. Formalización do contrato.

a) Órgano de aprobación: Consello Consultivo de Galicia.

b) Contratista: deserto.

b) Data da resolución da declaración: 20 de outubro de 2014.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia