Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes ao expediente de contratación número 51/2014, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Contratación do servizo de desenvolvemento dun contorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario de Galicia (expediente 51/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e posta en funcionamento dun contorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 16 de abril de 2014.

DOUE: 15 de abril de 2014.

BOE: 26 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 5.896.859,50 €, distribuído do seguinte xeito segundo os lotes:

– Lote 1: 4.260.495,88 €.

– Lote 2: 1.636.363,62 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 3.567.600,00 € (IVE incluído), distribuíndose do seguinte xeito segundo os lotes:

– Lote 1: 2.577.600,00 € (IVE incluído).

– Lote 2: 990.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 30 de xullo de 2014.

– Lote 2: 30 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 29 de agosto de 2014.

– Lote 2: 29 de agosto de 2014.

c) Contratista:

– Lote 1: UTE Informática El Corte Inglés, S.A.-Altia Consultores, S.A.

– Lote 2: Ute Netex Knowledge Factory, S.L.-Coremain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 1.902.268,83 € (IVE incluído).

– Lote 2: 890.999,99 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia