Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de impacto ambiental dunha instalación eléctrica nos concellos de Silleda e A Estrada (expediente IN407A 2014/190-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo, e no Decreto 442/90, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Paizás-A Estrada.

Situación: Silleda e A Estrada.

Características técnicas: liña de alta tensión a 66 kV, cunha lonxitude total de 19.147 metros. Parte da subestación de Paizás, Silleda, mediante un tramo subterráneo de 116 metros ata o apoio nº 1 de transición aereosubterráneo, do cal continúa aérea 18.472 metros ata enlazar co apoio existente nº 89 da LAT DC 66 kV Tibo-A Estrada; desde este apoio ambos circuítos discorren cunha lonxitude de 559 metros sobre os apoios DC existentes ata a subestación da Estrada. O condutor aéreo é 242-Al 1/39-ST1A (LA-280) e o subterráneo Al-630 66 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días.

No mencionado prazo poderase examinar nesta xefatura territorial o anteproxecto da instalación e o estudo de impacto ambiental.

O estudo de impacto ambiental estará, ademais, exposto ao público na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra e nos concellos da Estrada e Silleda.

Pontevedra, 9 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra