Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 46992

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 15 de outubro de 2014 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 12 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 28 de maio).

Mediante a Orde do 12 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 101, do 28 de maio de 2014, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: TR.C99.40.901.36440.001.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela

Grupo: A1-A2.

Corpo ou escala: funcionario/laboral.