Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 46988

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Datas.

Do 24 ao 28 de novembro de 2014.

4. Lugar de celebración.

Industrias Frigoríficas de Louro, rúa Gómez Franqueira, s/n, 36400 O Porriño (Pontevedra).

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo anexo I.

9. Programa.

Día 24.11.2014

16.00-16.30 h

Introdución.

16.30-18.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

18.00-19.00 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

19.00-20.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 25.11.2014

16.00-17.00 h

Lexislación.

17.00-19.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

19.15-20.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 26.11.2014

16.00-18.00 h

Métodos de loita antivectorial.

18.00-20.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 27.11.2014

16.00-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 28.11.2014

16.00-17.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-19.30 h

Resolución de exercicios prácticos.

19.30-21.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas:

Do 24 ao 28 de novembro de 2014.

Lugar de celebración do curso: Industrias Frigoríficas de Louro, rúa Gómez Franqueira, s/n, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 20.00 horas, agás o 28.11.2014 que será das 16.00 ás 21.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 17 de novembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Telefóno: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: