Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (727/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 727/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Couceiro Méndez, Ana María Suárez Pérez, Alejandro Simal Pérez contra Textyleve Unipessoal Lda. y Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por Alejandro Simal Pérez contra a empresa Textyleve Unipessoal Lda. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 4.583,31 euros, que lle debe segundo desagregación no relato de feitos probados.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) e do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta sentenza o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día de hoxe, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Textyleve Unipessoal Lda. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

O secretario xudicial