Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46876

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014 pola que se crean, modifican e suprimen ficheiros de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e ao contido da disposición, e destacaba a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, que podía ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias que teño atribuídas e co fin de cumprir o establecido no artigo 20 da mencionada lei, así como no artigo 52 do seu regulamento de desenvolvemento,

DISPOÑO:

Primeiro. Os ficheiros do Valedor do Pobo serán os contidos no anexo desta resolución.

Segundo. Créanse os ficheiros incluídos no anexo desta resolución, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. Os ficheiros que se recollen nos anexos desta resolución rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto. En cumprimento do artigo 55 do regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos, no prazo de trinta días desde a publicación desta resolución no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Quinto. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

José Julio Fernández Rodríguez
Valedor do Pobo en funcións

ANEXO
Ficheiros de nova creación

– Ficheiro: Xestión de contactos.

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e dos usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Xestión de contactos.

a.2) Finalidade e usos previstos: listaxe de enderezos de correo electrónico e outras axendas automatizadas, así como todos os datos que circulan a través destes medios. Datos de contacto recollidos a través de formularios web (finalidades varias [outras finalidades]).

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a fornecelos, o procedemento de recollida dos datos, e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: datos de contacto de usuarios, traballadores, afectados ou calquera outra persoa que envíe información de contacto a través de correo electrónico, axendas de terminais móbiles ou formularios web (empregados, cidadáns e residentes, persoas de contacto).

b.2) Procedencia:

O propio interesado ou o seu representante legal (o propio interesado ou o seu representante legal).

Procedemento de recollida: correos electrónicos, mensaxes, formularios, transmisións electrónicas de datos/internet.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: nome e apelidos, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas: non se prevén cesións ou comunicacións de datos.

e) Transferencias internacionais previstas a países terceiros: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro: Valedor do Pobo.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Oficina do Valedor do Pobo, situada na rúa do Hórreo, número 65, 15700 Santiago de Compostela, teléfono 981 56 97 40, correo electrónico
valedor@valedordopobo.com

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

– Ficheiro: Xestión de visitas/actividades.

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Xestión de visitas/actividades.

a.2) Finalidade e usos previstos: datos necesarios para a organización de visitas ás instalacións do Valedor do Pobo. Tamén se inclúen os datos necesarios para xestionar as diferentes actividades organizadas por esta entidade (finalidades varias [seguridade e control de acceso a edificios] outras finalidades).

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a fornecelos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: visitantes, participantes en actividades (cidadáns e residentes, persoas de contacto).

b.2) Procedencia: o propio interesado ou o seu representante legal; representante da institución que solicita a visita (o propio interesado ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante).

Procedemento de recollida: formularios, transmisión electrónica de datos/internet, correos postais.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono, enderezo de correo electrónico.

Outras categorías de carácter persoal:

Datos de características persoais (data de nacemento, lugar de nacemento, idade).

Datos de circunstancias sociais (pertenza a clubs, asociacións).

Datos académicos e profesionais (formación, titulacións).

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas: non se prevén cesións ou comunicacións de datos.

e) Transferencias internacionais previstas a países terceiros: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro: Valedor do Pobo.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Oficina do Valedor do Pobo, situada na rúa do Hórreo, número 65, 15700 Santiago de Compostela, teléfono 981 56 97 40, correo electrónico valedor@valedordopobo.com

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

– Ficheiro: Xestión multimedia.

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e os usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Xestión multimedia.

a.2) Finalidade e usos previstos: imaxes/vídeos captados en actividades ou visitas organizadas polo Valedor do Pobo para a difusión e promoción da entidade (finalidades varias [publicacións-outras finalidades]).

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a fornecelos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: visitantes, participantes en actividades organizadas polo Valedor do Pobo, traballadores ou persoal asociado a este (empregados, cidadáns e residentes, persoas de contacto).

b.2) Procedencia:

O propio interesado (o propio interesado ou o seu representante legal).

Procedemento de recollida: directamente.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: imaxe.