Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios 32/00393/07R.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

A interesada relacionada no anexo pode recoller a devandita resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. A interesada poderá interpoñer contra ela, potestativamente, un recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 32/00393/07R, de axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Rodríguez González, Julia.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Alto do Rodicio, 2, As Chás, 32790 Maceda, Ourense.