Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican trámites de audiencia realizados como consecuencia duns recursos de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Beán-Pereira (Ordes-A Coruña), devoltos polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os trámites de audiencia duns recursos de alzada contra o Acordo da zona de concentración parcelaria da zona de Beán-Pereira (Ordes-A Coruña), por seren devoltos polo servizo de Correos.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos mencionados trámites de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: José Figueira Martínez.

Último enderezo coñecido: lugar de Folgoso, nº 4, Pereira 15689 Ordes (A Coruña).

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por vostede contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Beán-Pereira (Ordes-A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio, na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 47 68.

Modificación que se propón:

1. Dar de baixa nas atribucións do propietario nº 180 (José Figueira Martínez) o predio nº 614 do polígono 4 do Acordo para dalo de alta nas atribucións do propietario nº 751 (descoñecido) cunha superficie de 8.184 m2 e 4.499,40 puntos de valor.

2. En compensación, incrementar o predio nº 747 do polígono 4 do Acordo (do propietario nº 180) coa superficie e valor do predio estremeiro colindante nº 746 (que desaparece do expediente), que queda cunha superficie de 24.381 m2 e 10.228,56 puntos.

ANEXO II

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Marcos Vigo Pedrouzo.

Último enderezo coñecido: rúa San Andrés, 56, 4º E, 15003 A Coruña.

Acto notificado:

Con data de rexistro de entrada do 2.3.2011 vostede presentou un recurso de alzada contra o Acordo de concentración parcelaria da zona de Beán-Pereira (Ordes-A Coruña) en que expón non estar de acordo coa distribución realizada.

Anteriormente vostede presentou o 20.4.2010 documentación en representación de Jesusa Pedrouzo Gómez (propietaria nº 463) e Francisco Pedrouzo Vilavarde (propietario nº 467) solicitando cambio de titularidade, e xuntou na dita documentación copia do tomo 00105, páxina 223, da Sección Primeira do Rexistro Civil, Ordes, dezasete de abril de dous mil nove, de que xuntamos copia, no cal se declara a incapacidade do inscrito Marcos Vigo Pedrouzo para a rexencia dos seus bens e persoa, quedando sometido a réxime de tutela.

Dado que no expediente non consta nomeamento de titor ou documentación que acredite o dito réxime de tutela ou, de ser o caso, posterior levantamento de incapacidade, requirímolo para que no prazo improrrogable de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de recepción desta notificación, achegue os preceptivos documentos, xa que, de non facelo, este servizo considerará que desiste da súa solicitude consonte o artigo 71.1 da citada lei.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural), na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 47 68.