Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da entidade Informática, Formación y Gestión, S.L. (número de censo 27H00229), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á entidade Informática, Formación y Gestión, S.L., a Resolución do 18 de xullo de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

«Número de censo 27H00229.

Informática, Formación y Gestión, S.L.

Rúa Conde, 37, baixo.

27003 Lugo.

Logo de examinar a inscrición da entidade Informática, Formación y Gestión, S.L., CIF E27174622, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Informática, Formación y Gestión, S.L. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 27H00229, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ARGD02

Deseño e modificación de plano

11.9.2001

IFCI40

Programador de bases de datos

11.9.2001

IFCX02

Iniciación á rede internet

11.9.2001

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar requiriu á entidade Informática, Formación y Gestión, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Terceiro. O 13 de febreiro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo rúa Conde, 37, baixo, 27003 Lugo.

Cuarto. O 20 de marzo de 2014 persoal técnico realizou visita ao centro Informática, Formación y Gestión, S.L., e comprobouse que non existe o devandito centro na rúa Conde, 37, baixo, 27003 Lugo.

Quinto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, o 24 de marzo de 2014 o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo propón a baixa da entidade no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente corresponde á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estiveren homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptaren as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen se adaptaren á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente compróbase que xa non existen instalacións de Informática, Formación y Gestión, S.L. na rúa Conde, 37, baixo, 27003 Lugo.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Informática, Formación y Gestión, S.L., número 27H00229, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro».

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación