Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014 sobre notificación de liquidación complementaria de xuros de demora a José Rodríguez González.

Mediante este anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de ser intentada sen éxito a notificación a José Rodríguez González (NIF 46981325F) no seu domicilio, comunicámoslle que o 22 de setembro de 2014, o secretario do Fogga asinou un requirimento para que o interesado ingresara os xuros de demora pendentes no procedemento de reintegro da subvención concedida no expediente 32/2010/000294 pola cantidade de 5,62 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguinte prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectúe o pagamento da débeda, iniciarase o procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria