Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (787/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 787/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Montemuíño Vila, Alfonso Manuel Rodríguez Matías, Murilo Luiz Martíns Sousa, Rogelio Rivas Castro, Lucrecia Arias Pinales, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez contra Ramón Carlín Couto, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 407 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 17 de outubro de 2014

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 787/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Adolfo Montemuíño Vila, Rogelio Rivas Castro, Concepción Espiño Liñares, María Claribel Martínez Ramírez, Murilo Luis Martíns Sousa, Lucrecia Arias Pinales, Alfonso Manuel Rodríguez Matías, asistidos pola letrada Milagros Verde Crespo contra Ramón Carlín Couto, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditouse a presente sentenza.

(…)

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Ramón Carlín Couto, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

1º. A Adolfo Montemuíño Vila, 4.350,09 euros de principal e 610,20 euros de xuros do artigo 29.3 do ET.

2º. A Rogelio Rivas Castro, 5.220,52 euros de principal e 732,30 euros de xuros do artigo 29.3 do ET.

3º. A Concepción Espiño Liñares, 1.550,62 euros de principal e 217,51 euros de xuros.

4º. A María Claribel Martínez Ramírez, 3.728,71 euros de principal e 523,04 euros de xuros.

5º. A Murilo Luiz Martíns Sousa, 4.470,52 euros de principal máis 627,10 euros de xuros.

6º. A Lucrecia Arias Pinales, 3.861,33 euros e 541,64 euros de xuros.

7º. A Alfonso Manuel Rodríguez Matías, 2.504,52 euros e 351,32 euros de xuros.

Condeno a Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Ramón Carlín Couto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014.

A secretaria xudicial