Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014190AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 8 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014190AL-CO incoado a Pollos Albariza, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Pollos Albariza S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014190AL-CO.

Interesada: Pollos Albariza, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15142789.

Último enderezo coñecido: Albariza 3,15210 Noia.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 1069/2009, do 21 de outubro. Artigo 3.1. Artigo 7.1. Artigo 10.a), b): i), ii), iii), iv), v). Artigo 14.a), b), c), d): i), ii), iii), iv); e), f), g), h), i), j) ,k), l).

– Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG nº 143, do 24 de xullo). Artigo 41.a), g), h), e artigo 44.2.a).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 3.000 €.