Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46608

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014 pola que se convocan as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a grao medio de teleformación (e-learning), do grupo II, convocado por Resolución do 3 de decembro de 2013.

Por Resolución reitoral do 3 de decembro de 2013 (DOG do 17 de decembro e BOE do 25 de decembro de 2013), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a grao medio de teleformación (e-learnig), unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, sen que ningunha persoa aspirante o superase, acumúlase a vacante ofertada por esta quenda á de acceso libre, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas.

A Resolución reitoral do 7 de abril de 2014, no seu punto terceiro, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o segundo exercicio, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia. De conformidade con isto,

resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 13 de decembro de 2014, ás 11.00 horas, na aula número 1 da Facultade de Dereito (Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela