Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de carne de tenreira, porco, ave, coello e salgaduras (expediente MS-EIO1-14-011).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos-Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: casetas de administración, planta baixa. Sección de Contratación.

2. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 38 59 49.

5. Rightfax: 881 54 70 69.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de documentación.

d) Número de expediente: MS-EIO1-14-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de carne de tenreira, porco, ave, coello e salgaduras.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxase o punto VII do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: véxase o punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: véxase o punto 7.1.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 15111200-1, 15113000-3, 15119000-5, 15119100-6, 15112100-7, 15131130-5 e 15131200-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso: véxase o punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.173.288,44 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 451.264,78 euros. Importe total: 496.391,26 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: véxase o punto 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxanse os puntos 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de novembro de 2014. Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3. desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: véxase o punto 19 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número previsto de empresas que se pretenden convidar para presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manteer a súa oferta: véxase o punto 11.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: véxase o punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5ª planta do Edificio Cirúrxico; rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora: a apertura do sobre B: publicaranse no perfil do contratante:

www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxase o punto 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de outubro de 2014.

12. Outras informacións.

Ourense, 17 de outubro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras