Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servizo de mantemento e reparación de equipamentos informáticos (expediente AB-EIO1-14-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos-Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: casetas administración, planta baixa. Sección de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: rúa Ramón Puga, 52-54.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 38 59 49.

5) RightFAx: 881 54 70 69.

6) Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIO1-14-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento e reparación de equipamentos informáticos da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: véxase o punto 2 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 24 mensualidades contadas desde a data de formalización.

f) Admisión de prorroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5 Mantemento e reparación de equipamento informático.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 725.206,61 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 322.314,04 €. Importe total: 390.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: véxase o punto 5.3.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse os puntos 5.3.1.h) e i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de novembro de 2014. Se o último día da presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c) 3) desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2) Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Edificio Hospital Santa María Nai, planta -3. Ramón Puga, 56.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretenden convidar para presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o punto 5.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: véxase o punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos; 5ª planta do Edificio Cirúrxico; rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de outubro de 2014.

12. Outras informacións.

Ourense, 17 de outubro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras