Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014072TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de setembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2014072TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Antonio Jiménez Gabarri.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Jiménez Gabarri o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca (NCG Banco, S.A.-Novacaixagalicia); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 7 de outubro de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014072TA-LU.

Denunciado: Antonio Jiménez Gabarri.

DNI: 53553104L.

Último enderezo coñecido: rúa Camilo José Cela, 14, 15008 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigos 7.ñ) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).