Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de outubro de 2014 pola que se notifica a resolución emitida sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 13-28-14-10.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado Náuticas Corpe, S.L. con último domicilio coñecido Baixada de Samil, 42, 36212 Vigo, Pontevedra, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 24 de setembro de 2014 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 14 de agosto de 2014 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 13-28-14-10.

O citado acordo constitúe unha resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante o xulgado do contecioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Para os efectos de coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas en polígono das Fontiñas-Praza Europa 5A-6º (Santiago de Compostela), entre as 9.00 e 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia