Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de outubro de 2014 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/6/2014-RP1.

O 30 de setembro de 2014, o instructor do Servizo de Inspección Urbanística I da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/6/2014-RP1, que foi incoado pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de Arnados, parroquia de Razo, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución a Alejandro Vázquez Romero, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta de resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística