Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Bolo (expediente IN407A 2014/24-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: ampliación da potencia do CT 32AL86-Celeiros.

Situación: Celeiros-O Bolo.

Características técnicas: ampliación CT existente (32AL86) Celeiros a 100 kVA e R/T 20.000/400 V. Orzamento: 6.009,43 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 13 de outubro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense