Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2014/135).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/135.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Brixeu.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

– LMT subterránea a CTC Brixeu a 20 kV cunha lonxitude de 904 m, con orixe en cela de liña que se vai instalar no CT cerámica (expediente 30,191) condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2) Al e final no CT proxectado.

– CT prefabricado Brixeu cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20,000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña