Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46409

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de outubro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 15 de outubro de 2014 (DOG número 204, do 24 de outubro) ao cal foron convocados os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 28 de outubro de 2014.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Apelidos e nome

DNI

Posto elixido

Código posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Destino centro

Concello

Arias López, María Yolanda

33322813E

15

FCA291000027001075

FC

Xefatura de Equipo

AB

25

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Delegación Lugo

Lugo

Álvarez Figueroa, Sabino

76990792V

20

FCA291000036560225

FC

Subxefatura Unidade de Inspección

B

24

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Delegación Vigo

Vigo