Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/85/2014 e 15R002/113/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

P.V. (Artigo 12.3 do Decreto 184/2011; DOG núm. 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/85/2014.

Interesada: Rubén Vega Fernández (LV y RV Motor Racin, S.L.).

NIF: 76729788V.

Acto notificado: inicio de expediente.

Expediente: 15R002/113/2014.

Interesada: Isabelle Noivas Palabra Nupcial, S.L.

CIF: B-70288550.

Acto notificado: inicio de expediente.