Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama (expediente AB-CON1-14-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-14-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 63120000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-40 puntos

Proxecto de xestión do servizo

0-20

Recursos materiais para a prestación do servizo

0-10

Sistema de información para a xestión do servizo

0-10

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-60 puntos

Oferta económica (prezo)

0-40

Número de viaxes semanais a cada unha das unidades de avaliación radiolóxica a que se compromete a empresa licitadora

0-15

Prazos de execución dos traballos

0-5

4. Valor estimado del contrato: 592.488 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 227.880 euros. Importe total: 275.734,80 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 3 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1. f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos