Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Carmen Franco Romero.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol tramítase o recurso 251/2014 (procedemento abreviado), interposto por Carmen Franco Romero contra a desistencia presunta do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura (DOG nº 108, do 9 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos