Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Pegadas S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Pegadas S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 10 de xullo de 2014, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é no polígono de Pocomaco, parcela G22-G23, concello da Coruña, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

María del Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social