Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos dous acordos de procedencia de reintegro de axuda para a promoción do emprego autónomo, regulado na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa aos expedientes TR341D 2010/437-2 e 2010/438-2.

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de outubro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2010/437-2.

Nome: Ana Belén Seco Álvarez.

DNI/NIF: 77596348Y.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: avenida de Asturias, 16, 1º, 27700 Ribadeo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, letra a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2010/438-2.

Nome: Ana Belén Seco Álvarez.

DNI/NIF: 77596348Y.

Axuda: axuda excepcional.

Último enderezo coñecido: avenida de Asturias, 16, 1º, 27700 Ribadeo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, letra a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.