Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 20 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

Copas Plus, S.L.

IN635A 2014/174-2

Trámite de audiencia

Viveiro

José Luis Mosquera Díaz

IN635A 2014/334-2

Resolución

A Fonsagrada

Comunidade de propietarios Rúa González Río, número 2

IN635C 2013/122-2

Resolución

Burela

Construcciones Camba, C.B.

IN635C 2013/139-2

Acordo de incoación

Vilalba

Mantenimiento, Revisiones y Soldaduras del Gas Reysol Gas, S.L.

IN635C 2014/15-2

Acordo de incoación

León

Concepción Pérez Muñiz

IN635C 2014/29-2

Acordo de incoación

Lugo