Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Comercial Malasa, S.L.
Domicilio social: A Costa da Tapia, 42, O Temple, 15679 Cambre.
Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.
Situación: polígono industrial do Acevedo (nave Malasa), Cerceda.
Características técnicas: LMTS en anel de 20 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×240 AL. CS en caseta prefabricada de formigón compartida co CT proxectado, que inclúe tres (3) interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas. CS en caseta prefabricada de formigón con transformador de 630 kVA, relación 15-20/0,42 kV, en baño de aceite. Aparellos de manobra e protección, así como equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 7 de outubro de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña