Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 483/2014, do 15 de maio, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 15 de maio de 2014, pronunciou a Sentenza 483/2014 ditada no procedemento ordinario nº 4779/2008, interposto por Manuel Ramón Conde Valiño, Carlos Villanueva Sexto, Jesús Rodríguez Fernández, Jorge Castro Valiño, Juan José Camino Duro, Ramón Luis Souto Lodeiro e Julio Costoya Valiño, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Ramón Conde Valiño, Carlos Villanueva Sexto, Jesús Rodríguez Fernández, Jorge Castro Valiño, Juan José Camino Duro, Ramón Luis Souto Lodeiro e Julio Costoya Valiño, representados por José Antonio Castro Bugallo e dirixidos por Ulises Bertolo García, contra a Orde da CPTOPT, do 6 de outubro de 2008, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Arzúa, anulamos en parte a dita orde e PXOM, única e exclusivamente nos aspectos indicados nos fundamentos de dereito noveno, décimo e decimo primeiro, desta sentenza, sobre indebido recoñecemento de sexta planta en edificio de catro alturas en porción da r/ Calvo Sotelo e do núcleo rural da Igrexa, Santa María; con desestimación das restantes pretensións e sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo