Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-165/14 NL e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante LRXPAC), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 3 de outubro de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº de expediente

Precepto infrinxido

Derradeiro enderezo

Establecemento

Iván Bravo Barros

76933653X

PO-165/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Lugar de Baladas, 9, 2º C

36191 Barro

Sociedad Recreativa Caldense

R/ Padres Pasionista, 14

36650 Caldas de Reis

Mª Victoria Castro Salgado

44078810T

PO-193/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Casal, 9

36994 Poio

D’liss

Avda. da Toxa, 27, Raxó

36992 Poio

Jamile Paixao Silva Oliveira

Y0568785D

PO-195/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Juan Bautista Andrade, 62, 4º B

36005 Pontevedra

Juan Carlos I

R/ Juan Carlos I, nº 8

36004 Pontevedra

Fernando Fraga Sanmartín

35319835

PO-230/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Progreso, 100

36960 Sanxenxo

Tinta Negra

Avda. Almirante Francisco Regalado, 44, Combarro

36993 Poio

Óscar Pérez M. Glito, S.L.

B36471282

PO-231/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Gabino Bugallal, 48

36860 Ponteareas

Bonaparte

R/ Real, 54

36860 Ponteareas

Óscar Pérez M. Glito, S.L.

B36471282

PO-232/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Gabino Bugallal, 48

36860 Ponteareas

Bonaparte

R/ Real, 54

36860 Ponteareas

Marta García González

36153185Z

PO-233/14 NL

Artigo 23 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Otero Pedraio, 6

36380 Gondomar

Rañolas

R/ Otero Pedraio, 6

36380 Gondomar