Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45823

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (590/2013).

Procedemento de orixe: sobre alimentos provisionais.

Demandante: María Mirabela Bita.

Procuradora: María José Blanco Mosquera.

Demandado: Mihai Alexandru Grigore.

Eu, Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de María Mirabela Bita contra Mihai Alexandru Grigore, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Resolvo:

Que, estimando parcialmente como estimo a demanda formulada pola representación procesual de María Mirabela Bita contra Mihai Alexandru Grigore, en que interveu o Ministerio Fiscal, debo declarar e declaro a adopción das seguintes medidas en relación co fillo menor de idade común, Iannys Ionut:

1. Atribúeselle á nai, María Mirabela Bita, a garda e custodia do fillo menor común, Iannys Ionut, e ambos os proxenitores compartirán a patria potestade.

2. Recoñécese o dereito de visitas do pai, Mihai Alexandru Grigore, que consistirá, na falta de acordo entre os proxenitores, en que o pai poderá gozar da compañía do menor, na falta de acordo entre os proxenitores, catro domingos do mes desde as 12.00 do mediodía ata as 20.00 horas da tarde.

Vacacións de Nadal: en dous períodos, o primeiro desde o día 23 de decembro ata o día 31 de xaneiro e o segundo período desde o día 1 de xaneiro ata o día 7. Pasará o menor unha semana con cada un dos proxenitores, que elixirán entre eles, e, en caso de desacordo, elixirá a nai os anos pares e o pai os impares. As visitas desa semana de Nadal realizaranse co seguinte horario: o pai recollerá o menor ás 12.00 do mediodía e reintegrarao ás 20.00 horas da tarde.

Visitas de Semana Santa: dividirase esta semana en dous períodos, un de catro días e outro de tres, que os pais rotarán segundo a súa elección e, en caso de desacordo, elixirá a nai os anos pares e o pai os impares. Estas visitas realizaranse sen pernoita, e o pai deberá recoller o menor ás 12.00 do mediodía e reintegralo no domicilio da nai ás 20.00 horas do mesmo día.

Vacacións de verán: dividirase este período en catro (4) quincenas. Así a nai terá o menor a primeira quincena de xullo e agosto e o pai as segundas de xullo e agosto; en caso de desacordo, elixirá a nai os anos pares e o pai os impares. Estas visitas realizaranse sen pernoita, e o pai deberá recoller o menor ás 12.00 do mediodía e reintegralo no domicilio da nai ás 20.00 horas do mesmo día.

3. En canto á pensión de alimentos, o pai, Mihai Alexandru Grigore, aboará unha pensión de 160 euros mensuais a favor do menor. A pensión de alimentos deberá satisfacerse por meses anticipados, os doce meses do ano, os cinco (5) primeiros días, na conta que para o efecto designe a nai, e actualizarase anualmente coas variacións do IPC cada mes de xaneiro ou índice que o substitúa.

Desestímase o demais.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación e se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Ao estar o dito demandado, Mihai Alexandru Grigore, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 6 de outubro de 2014

A secretaria xudicial