Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45772

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes, e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo, e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Novembro 2014: 24, 25, 26, 27, 28 e 29.

Decembro 2014: 1 e 2.

4. Lugar de realización:

INTEC.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns.

15220 Ames (A Coruña).

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 24.11.2014

10.00-11.00 h

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

11.00-11.15 h

Descanso.

11.15-14.00 h

Praguicidas. Clasificación.

16.00-18.00 h

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

Día 25.11.2014

10.00-11.15 h

Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

16.00-18.00 h

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

Día 26.11.2014

10.00-11.15 h

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

16.00-18.00 h

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 27.11.2014

10.00-11.15 h

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

16.00-18.00 h

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

Día 28.11.2014

10.00-11.15 h

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

16.00-18.00 h

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

Día 29.11.2014

10.00-11.15 h

Precaucións e normas de seguridade.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Precaucións e normas de seguridade II.

16.00-18.00 h

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 1.12.2014

10.00-11.15 h

Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

11.15-11.30 h

Descanso.

11.30-14.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

16.00-18.00 h

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

18.00-18.20 h

Descanso.

18.20-20.00 h

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

Día 2.12.2014

10.00-11.30 h

Repaso xeral.

11.30-11.45 h

Descanso.

11.45-14.00 h

Posta en común/debate sobre un tema do programa formativo. Resolución, dúbidas e exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas:

Novembro 2014: 24, 25, 26, 27, 28 e 29.

Decembro 2014: 1 e 2.

Lugar de realización do curso:

INTEC.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns.

15220 Ames (A Coruña).

Duración:

60 horas teórico-prácticas.

Horario:

Das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, agás o día 2 de decembro, que será das 10.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado. 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos....................................................................................................................

Data de nacemento................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo................................................................................................................................

CP............................................Localidade.............................................................................

Teléfono........................................Correo electrónico............................................................