Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (485/2014)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 485/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jessica Paz Santamaría contra Fernández Garrido, María, el Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, que expresa:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Jessica Paz Santamaría, representada pola letrada Sra. Giráldez Méndez, contra Fernández Garrido, María, que non comparece neste acto, sobre despedimento, e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento, de ser o caso, dos salarios de tramitación a razón de 42,5 €/día desde o día do despedimento ata a data de notificación da sentenza ou ben, a elección da empregadora, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A opción referida entre a readmisión e a indemnización deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a demandada sería de 6.188,1 € e a suma de 1.125,15 € en concepto de liquidación de salarios.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Fernández Garrido, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial