Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45657

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia iníciase anualmente o 15 de marzo e remata o 30 de xullo.

Unha vez finalizado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polos interesados.

Concluídos os anteriores traballos, na sesión que tivo lugar o 21 de outubro do presente ano a Comisión Permanente Central constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo) acordou elevar ao órgano convocante as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados ao persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefas/es territoriais ou funcionaria/o responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada pola/o secretaria/o do concello.

No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluído non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública-Listas de contratación temporal.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a cabo as emendas procedentes, e daráselle publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominacion

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A1

2060

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de biólogos/as

A1

2069

Escala de químicos/as

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola.

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima.

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo.

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade: comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade: máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade: procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade: formación e orientación laboral

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas

A2

2085

Escalatécnica de estatística

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade: servizos ao buque

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

2053

Corpo Administrativo da Xunta de Galicia

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

2081

Escala de delineantes

C2

2054

Escala de axentes forestais

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

2055

Agrupación profesional

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a.

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a.

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior).

I

023

Documentalista.

I

027

Coordinador/a de actividades externas.

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

008

Director/a de gardaría infantil.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio).

II

031

Restaurador/a.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

017

Analista de laboratorio.

III

018

Marcador/a de metais preciosos.

III

030

Programador/a.

III

049

Axente auxiliar inspección transportes.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

080

Capataz de establecemento.

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores).

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

031

Legoeiro/a.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

039

Auxiliar de autopsia.

V

001

Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/poa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado.

V

008

Peón/peoa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10D

Socorrista.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/peoa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/peoa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/peoa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais.

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais.

missing image file
missing image file