Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de información publica sobre a aprobación inicial do expediente de delimitación de solo de núcleo rural do Pozo (Mañente).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 16 de xullo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobación inicial do expediente de delimitación de solo de núcleo rural do Pozo.

Visto o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural no Pozo, parroquia de Mañente (Pantón), promovido por Mª Ángeles Rodríguez Rodríguez, con DNI 34261725-M, e redactado polos arquitectos Laura E. Otero Oreiro, Alicia Caeiro Vigo e Rubén Estévez Tenreiro, arquitectos colexiados 4504, 4375 e 4278.

Visto o informe técnico emitido polos servizos municipais con data do 6 de maio de 2014.

En virtude das facultades outorgadas ao alcalde no artigo 21.1. j) da Lei reguladora das bases do réxime local, delegadas na Xunta de Goberno local por Decreto da Alcaldía do 26 de xuño de 2007 conforme o disposto no artigo 21.3 da referida lei, e segundo tramitación prevista na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural no Pozo, parroquia de Mañente (Pantón), promovido por Mª Ángeles Rodríguez Rodríguez e redactado polos arquitectos Laura E. Otero Oreiro, Alicia Caeiro Vigo e Rubén Estévez Tenreiro, arquitectos colegiados 4504, 4375 e 4278.

Segundo. Sometelo a información pública polo prazo mínimo dun mes mediante anuncio que se deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia».

Pantón, 16 de setembro de 2014.

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde