Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito da parcela 01 do cuarteirón 1748301 na praza de Amboaxe.

A Xunta de Goberno Local, en sesión levada a cabo o día 8 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro: acordar a aprobación inicial do estudo de detalle no ámbito da parcela 01 do cuarteirón 1748301 na praza de Amboaxe correspondente á segunda fase do Concello de Ferrol.

Segundo: someter o expediente ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, de acordo co disposto no artigo 86.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como solicitar os informes sectoriais preceptivos».

De conformidade co exposto, sométese o expediente a información pública durante o prazo de vinte días, de acordo co establecido no artigo 86.2 da LOUGA, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos terase á disposición do público un exemplar do expediente no Servizo de Urbanismo deste concello, na rúa María, nº 54, 5º andar, en horario de atención ao público, das 9.00 ás 14.00 horas, e poderán achegar as alegacións correspondentes no Rexistro Auxiliar de Urbanismo, sito no 3º andar, ou a través dos medios previstos para tales efectos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de setembro de 2014

Por delegación da Alcaldía do 30.4.2013 (BOP do 16 de maio)
Guillermo Evia Pérez
Concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación