Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45509

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 8 de outubro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada por Orde do 8 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio).

Convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar mediante Orde do 8 de maio de 2014 (DOG nº 102, do 30 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 8 de maio de 2014.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está a desfrutar un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles se non indica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

NRP: 3353770446 A2051.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Apelidos e nome: Rebolo Serén, Rocío.

Código do posto: TR.C99.10.000.27001.110.

Denominación: xefatura do Servizo de Traballo e Economía Social.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.