Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CÉDULA do 2 de outubro de 2014 pola que se lle notifica a Luis López y López Riobóo o acordo de incoación do expediente de extinción dun título concesional outorgado no río Portantigo, no concello de Cerceda (A Coruña).

Por medio de resolución ditada pola Dirección dos Servizos Hidráulicos do Norte de España, con data do 26 de xaneiro de 1949, outorgouse unha concesión a Luis López y López Riobóo con destino á produción de forza motriz para o accionamento dun muíño fariñeiro e enerxía eléctrica para iluminación pública, no río Portantigo, no concello de Cerceda, A Coruña (expediente 11/122/1/1).

A Dirección de Augas de Galicia ditou, con data do 9 de xuño de 2014, acordo de incoación do expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional existente no río Portantigo, pola falta de explotación do aproveitamento durante máis de tres anos consecutivos, por causas imputables ao titular concesional.

Por medio da presente cédula, e segundo o disposto nos artigos 58.1 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Luis López y López Riobóo o referido acordo polo que se inicia o expediente de extinción do título concesional existente no río Portantigo e transcríbese a seguir a súa parte dispositiva:

«Primeiro. Iniciar o expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional outorgado a Luis López y López Riobóo, por Resolución do 26 de xaneiro de 1949, no río Portantigo, no concello de Cerceda (A Coruña), con base na interrupción permanente da explotación durante tres anos consecutivos, por causas imputables ao titular.

Segundo. Dispor a notificación do contido deste acordo ao concesionario, co fin de que no prazo de dez (10) días poida formular as alegacións e presentar os documentos que na súa defensa considere oportunos».

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia