Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador POL/79/2014 e de reposición da legalidade.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 25 de setembro de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, entre outros, á comunidade de herdeiros de Francisco Pérez Alcalde, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar do Camiño Vello da Lagoa, en Teis, no termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística