Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

EDICTO.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese a información pública durante o prazo dun mes o núcleo rural de Pradedo de Arriba, parroquia de Vilameá, co fin de que durante este prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que estimen oportunas.

Guntín, 20 de outubro de 2014

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde