Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada en relación coa solicitude efectuada por Miguel Sánchez de la Blanca González-Román de reingreso ao servizo activo no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

En relación coa solicitude de reingreso ao servizo activo no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza de Miguel Sánchez de la Blanca González-Román, intentada a notificación ao interesado no último enderezo coñecido sen éxito, é polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo presente anuncio se lle notifica que, por atoparse xa na dita situación administrativa, o director xeral de Xustiza ditou con data do 5 de marzo de 2014 a seguinte resolución:

1. Desestimar a solicitude de reingreso presentada por Miguel Sánchez de la Blanca González-Román, polos feitos e consideracións legais e técnicas expostas.

2. Notificar a presente resolución ao interesado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o acto non se publica na súa integridade, emprázase o interesado para que, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, compareza nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sitas na praza de Europa, 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, para os efectos de tomar coñecemento do contido íntegro do acto e deixar constancia de tal coñecemento.

Faise saber ao interesado que contra a resolución, definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Juan José Marín Álvarez
Director xeral de Xustiza