Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 11 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo L-3/13 e L-7/13.

Segundo consta nos expedientes, intentada a práctica da notificación á persoa que se cita no anexo en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo L-3/13 e L-7/13 que se relacionan no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O interesado poderá examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro que xulgue pertinente ao seu dereito poderase interpor ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-3/13.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último enderezo coñecido: Camiño Pipín, 13, 1º, Lugo.

Data da resolución: 12 de agosto de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: grave-artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: 3.000,01 €.

Expediente: L-7/13.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último enderezo coñecido: Camiño Pipín, 13, 1º, Lugo.

Data da resolución: 12 de agosto de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave-artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: 18.000,01 €.