Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2014/169-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avenida do Parque, 11, baixo, 36450 Silleda.

Denominación: LMTS, CD/CT O Burgo-Cortegada.

Situación: Silleda.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 35 metros de lonxitude, con orixe na LMT DC Parada-Silleda ata o CD/CT proxectado. Centro de distribución e transformación de 50 kVA. A instalación está situada no Burgo, Cortegada, Silleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo da avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra