Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS nova saída subestación Cambados-CT Fefiñáns.
Situación: Cambados.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 3.290 metros de lonxitude, con orixe nunha cela libre na subestación de Cambados e final no centro de transformación Fefiñáns. A instalación está situada en Cambados.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo da avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 19 de setembro de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra