Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de outubro de 2014 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 10 de marzo de 2008, do 27 de decembro de 2010 e do 25 de maio de 2012.

En virtude das ordes do 10 de marzo de 2008, do 27 de decembro de 2010 e do 25 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 24 de marzo, núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011 e núm. 103, do 31 de maio de 2012, respectivamente) convocáronse procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Polas ordes do 30 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 7 de abril), do 8 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 19 de marzo) e do 28 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais aos/as aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 10 de marzo de 2008, do 27 de decembro de 2010 e do 25 de maio de 2012, respectivamente.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as que figuran nas ordes do 30 de marzo de 2010, do 8 de marzo de 2013 e do 28 de maio de 2014 e que estean actualmente en destino provisional, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 28 de outubro de 2014, ás 10.30 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no respectivo proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as nomeados/as pola Orde do 30 de marzo de 2010 terán preferencia sobre os/as funcionarios/as nomeados/as pola Orde do 8 de marzo de 2013 e estes sobre os/as funcionarios/as nomeados/as pola Orde do 28 de maio de 2014.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/as funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no respectivo proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/as funcionarios/as presentes ou representados/as en cada proceso selectivo, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Os/as funcionarios/as que soliciten ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro– deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

NÚM.

CODIGO POSTO

CONS.

DENOMINACIÓN

SUBGRUPO

NIVEL

CENTRO DIRECTIVO

DESTINO CENTRO

CONCELLO

FORMACIÓN ESPECÍFICA

1

FCC030000215770022

FC

XEFATURA SECCIÓN

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

S. X. DE CONTABILIDADE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

2

FCC030000315770013

FC

TÉCNICO/A DE AUDITORÍA

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

S. X. DE AUDITORÍA DE FONDOS COMUNITARIOS E SUBVENCIÓNS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

839

3

FCC030000315770022

FC

TÉCNICO/A DE AUDITORÍA

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

S. X. DE AUDITORÍA DE FONDOS COMUNITARIOS E SUBVENCIÓNS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

839

4

FCC030001915770006

FC

XEFATURA SECCIÓN

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

INTERVENCIÓN DELEGADA DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

5

FCC030002015770007

FC

XEFATURA SECCIÓN

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

INTERVENCIÓN DELEGADA DA CONSELLERÍA DO MAR

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

6

FCC030003032001010

FC

XEFATURA SECCIÓN I

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

INTERVENCIÓN TERRITORIAL OURENSE

OURENSE

 

7

FCC030003032001011

FC

XEFATURA SECCIÓN II

AB

25

INTERVENCIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTONOMA

INTERVENCIÓN TERRITORIAL OURENSE

OURENSE

 

8

FCA020000115770015

FC

XEFATURA PLANS INSPECCIÓN

B

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

ÁREA DE INSPECCIÓN TRIBUTARIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

9

FCA020000215770010

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

ÁREA DE XESTIÓN TRIBUTARIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

10

FCA020000215770012

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

ÁREA DE XESTIÓN TRIBUTARIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

11

FCA020000315770016

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

ÁREA DE COLABORACIÓN SOCIAL, INFORMACIÓN E ASISTENCIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

12

FCA291000015001166

FC

SUBXEFATURA UNIDADE DE INSPECCIÓN

B

24

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN A CORUÑA

A CORUÑA

 

13

FCA291000015001167

FC

SUBXEFATURA UNIDADE DE INSPECCIÓN

B

24

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN A CORUÑA

A CORUÑA

 

14

FCA291000027001003

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

 

15

FCA291000027001075

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

 

16

FCA291000027001077

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN LUGO

LUGO

 

17

FCA291000032001136

FC

SUBXEFATURA UNIDADE DE INSPECCIÓN

B

24

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN OURENSE

OURENSE

 

18

FCA291000036001090

FC

XEFATURA DE EQUIPO

AB

25

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

 

19

FCA291000036560180

FC

TÉCNICO/A TRIBUTARIO/A SUBGRUPO A2

B

24

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN VIGO

VIGO

 

20

FCA291000036560225

FC

SUBXEFATURA UNIDADE DE INSPECCIÓN

B

24

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

DELEGACIÓN VIGO

VIGO

 

CÓDIGOS

839

Experiencia en xestión e control de fondos comunitarios (mérito)