Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 9 de outubro de 2014, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de arbitraxe número 15R001/1264/2013 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo, o artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con domicilio na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expedientes arbitrales números: 15R001/1264/2013, 15R001/2643/2013, 15R001/1281/2013, 15R001/1284/2013, 15R001/961/2013 e 15R001/193/2013.

Interesada: Aula Laboral 2005, S.C.

CIF: J70006358.

Acto notificado: laudos arbitrais do 23 de xullo de 2014.