Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 13 de agosto de 2014.

Referencia: 13-17-13-C-1.

Obxecto: concesión de ocupación de parcela e caseta de dominio público portuario para a construción e explotación e instalacións de atracada de embarcacións deportivas.

Porto: Bueu.

Concesionario: Asociación 7ª lista Robaleira Bueu.

Prazo: 25 anos.

Taxas: 2.457 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

Resolución: 22 de setembro de 2014.

Referencia: 13-25-14-C-1.

Obxecto: concesión para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa.

Porto: cesantes.

Concesionaria: confraría de pescadores San Juan de Redondela.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 1.959,51 €/ano en concepto de TODP e 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia